As cabanas

  • Cabanas de Lires en Cee
  • Cabanas de Lires en Cee
  • Cabanas de Lires en Cee

Cabañas de Lires son casas con vida, auténticas cabanas de madeira, natureza en estado puro que lle transmitirán toda a paz e serenidade que precisa. Sensacións distintas nun ambiente acolledor e saudable pois a madeira filtra e purifica o aire, enchéndonos de enerxía positiva.

Dispoñemos de 3 cabanas idénticas en distribución e servizos, diferéncianse únicamente polo colorido na súa decoración e é por iso que as bautizamos así: “A Roxeira”, “Montené” e “Peralta”  (azul, verde e laranxa, respectivamente) identificándoas con paraxes naturais que nos rodean como, o monte desde onde se divisa todo o mar (A Roxeira), a montaña que temos en frente (Monte Neme) e Punta Peralta (pedra alta- acantilado onde se perde a costa e empeza o mar) nela divísanse unhas postas de sol espectaculares.

Son cabanas de primeira categoría, 3 chaves- foi a clasificación asignada polo Servizo Provincial de Turismo.

Habitación de Cabanas de Lires en Cee

Cada cabana dispón de 40 m2 de superficie habitable que se distribúen en:

  • salón-cociña
  • 1 habitación de matrimonio con posibilidade de engadirlle unha cama supletoria
  • 1 baño
  • 1 altillo ou baixo-cuberta con 2 camas de 90cm
  • 1 porche cuberto.

Vídeo Turismo Rural en Lires














Lires, Espiritu de Superación

Constata cómo a unión fai a forza, así como fomos pioneiros en Galicia do Turismo Rural, anteriormente denominado Agroturismo.


Cabañas de Lires Lugar de Lires nº 99 15138 Cee (A Coruña)
Teléfono / Fax   981 748 393 Móbil    696 029 810 contacto@cabanasdelires.com by NHSW Aviso legal   ·